Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Ejazz ofrece un concerto na Fábrica mañá pola tarde

Oleiros, 2 de febreiro de 2018-. O grupo Ejazz ofrece mañá sábado ás 20:30 horas un concerto no auditorio do centro cultural A Fábrica, en Perillo. As entradas estarán á venda desde unha hora antes do inicio do espectáculo a un prezo de 2,50 euros.

As vocalistas galegas de EJazz foron as gañadoras dos Premios Martín Códax da Música na categoría de grupos vocais e coros. Coa voz como único instrumento, levan percorrendo os principais clubs de jazz e salas de concertos de Galicia. Carmen Rey é a súa directora musical e Ángeles Dorrio, Marga Ramos e Betty Queiro completan a formación.
 

back link