Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Dúas exposicións recollerán os traballos do alumando dos obradoiros artísticos municipais

Oleiros, 17 de abril de 2019-. O Concello de Oleiros organiza para as próximas semanas dúas exposicións cos traballos realizados nos obradoiros ocupacionais de expresión e capacidade artística que se desenvolven desde a concellería de Servizos Sociais.

O centro cultural A Fábrica acollerá, do 23 ao 29 de abril, a exposición do Obradoiro de Pintura e Acuarela. As alumnas dos catro obradoiros que se están a desenvolver na actualidade nas aulas do Castaño en Perillo expoñerán as súas obras, todas elas dunha grande calidade e realizadas con todas as técnicas que se poden utilizar no mundo da pintura: óleo, acuarela, pastel, acrílico...  A inauguración será o mesmo martes 23 de abril ás 20:30 h e poderá visitarse pola mañá e pola tarde.

As obras realizadas nos dous Obradoiros de Tapices de Perillo e Santa Cruz, poderán contemplarse na exposición de Artesanía Téxtil que vai ter lugar no mesmo espazo da Fábrica, do 9 ao 15 de maio. A inauguración será o primeiro día, o xoves 9 de maio, ás 20:30 h.

back link