Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Crisálida, comedia para todos os públicos, o xoves nas Torres de Santa Cruz

O xoves ás 18:30 horas no Teatro das Torres de Santa Cruz, Caramuxo Teatro presenta a comedia Crisálida, dirixida por Olga Margallo. Crisálida é un espectáculo de máscara cos actores Anahí Taraburelli, Juan Rodríguez, Laura Sarasola Pontón e Josito Porto e máis de 12 personaxes, con banda orixinal de Davide González e vestiario de Diego Valeiras.

Crisálida é unha proposta de gran formato sobre un dos comercios tradicionais máis queridos da cidade da Coruña, e é o espectáculo número 25 de Caramuxo Teatro, co que a compañía cumpre xa 20 anos de traxectoria. Historias e lugares como a mercería Crisálida, máis baseadas nas relacións humanas e non só no beneficio económico, deben ser protexidas e recuperadas, porque ademais son parte da nosa historia e do noso patrimonio como seres humanos.

A entrada é gratuíta con invitación. Poderán recollerse na billeteira do auditorio a partir das 17:30 horas. A obra ten unha duración de 50 minutos e está dirixida a público familiar.

back link