Este sábado día 7 de febreiro, de 17.00 a 20.00 horas, terá lugar un novo baile na Casa do Pobo de Lorbé (Rúa Golfiño). Amenizará a tarde o solista Dieguiño.
Como novidade, este ano incorpórase tamén un servizo de recepción e acompañamento das persoas participantes, para cubrir calquera circunstancia que puidese acontecer.