Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Continúan os bailes para maiores, este sábado en Dexo

Imagen Continúan os bailes para maiores, este sábado en Dexo

De Baile en Baile é o nome dun novo programa cultural e de convivencia entre persoas maiores que se consolida como referente de festa e ocio activo. Os bailes celebraranse os sábados pola tarde nas distintas casas do pobo.

Este sábado 14 de marzo, de 17.00 a 20.00 horas, terá lugar un novo baile Casa do pobo de Dexo (rúa Jiménez Herrero). Amenizará a tarde o solista XILO.

Como novidade, este ano incorpórase tamén un servizo de recepción e acompañamento das persoas participantes, para cubrir calquera circunstancia que puidese acontecer.