Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Continúa en Rialeda o ciclo de charlas divulgación científica

Imagen Continúa en Rialeda o ciclo de charlas divulgación científica

O programa “Ler para saber: charlas de divulgación científica” volve á biblioteca Rialeda o vindeiro venres 27 de febreiro da man de Alatzane Carbosena Zubieta, catedrática de Química Analítica da UDC; e Mireya Lemus Vieites, alumna do último curso dos graos en Química e en Bioloxía da UDC; con “Solucións baseadas na natureza. Exemplo: recuperación do Mar Menor”.


O venres 27 de febreiro ás 18:30h terá lugar a segunda das charlas científicas incluídas no programa Ler para Saber, organizado pola Rede de Bibliotecas Públicas do Concello de Oleiros en colaboración coa UDC.

Os obxectivos do programa “Ler para saber”  son achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos científicos da cidadanía, fomentar a lectura e consultas sobre temas relacionados coa ciencia e o coñecemento específico dunha materia determinada ademais de dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas nas bibliotecas municipais.

As charlas de divulgación científica dirixidas a nenas e nenos, a partir de 10 anos, adolescentes e para público en xeral.

A entrada é de balde para toda aquela persoa que desexe asistir.

Máis información na Biblioteca Rialeda.