Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Continúa aberto o prazo de inscrición para o concurso de disfraces da festa de Entroido

Todas as persoas interesadas en participar no concurso de disfraces que organiza o Concello de Oleiros este venres 24 de febreiro poden inscribirse a través da Sede electrónica ou presencialmente na Fábrica, ata o propio venres ás 12:00 horas. Non se poderán realizar inscricións in situ na propia festa.

Tal e como se estipula nas bases, haberá dúas categorías, unha de grupos e outra de individuais-parellas. En grupos haberá un primeiro premio de 1.500 €, un segundo de 1.000 €, dous terceiros de 500 € e un accésit de 400 €. En individual e parellas o primeiro premio será de 400 €, o segundo de 300 €, haberá dous terceiros de 200 € e dous accésit de 100 €.  

Ademais do concurso de disfraces, haberá baile e diversión coa orquestra Os Satélites. 

back link