Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Conclúe a ampliación da Casa do Pobo de Mera

Oleiros, 27 de xuño de 2017-. Finalizaron as obras de ampliación da Casa do Pobo de Mera. Entre outras actuacións, construíuse unha nova sala para que se poidan realizar de maneira simultánea varias actividades.

Tamén se procedeu á substitución das fiestras, cambio da cociña, pintado exterior da fachada, novo sistema de calefacción, cambio do pavimento no salón principal, remodelación dos baños e outros traballos menores. O Concello de Oleiros investiu nesta obra máis de 100.000 euros.
 

back link