Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Concerto gratuíto da Sinfónica de Galicia o xoves no auditorio de Mera

A Orquestra Sinfónica de Galicia actuará por primeira vez no Concello de Oleiros o próximo xoves día 16. Será no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, ás 19:30 horas, e a entrada será gratuíta ata completar aforo.

A OSG estará dirixida por Dima Slobodeniouk,  colaborador habitual das principais orquestras do mundo, entre elas a Filarmónica de Berlín, a Sinfónica de Londres, a Sinfónica de Viena, a Tonhalle-Orchester de Zúrich e a NHK Symphony Orchestra. Proximamente regresará a EE. UU para dirixir á Filarmónica de Nueva York, así como as Sinfónicas de Boston, Pittsburgh, San Francisco e Houston, e debutará coa Sinfónica de St. Louis. Iniciará a tempada co seu regreso ao Festival de Tanglewood e un concerto coa Tanglewood Music Center Orchestra, destacando así mesmo as súas actuacións coa WDR Sinfonieorchester Köln, a Filarmónica de Dresde, a Sinfónica da Radio Finlandesa, a Filarmónica da Radio dos Países Baixos, Filarmónica de Bergen e a Filarmónica de Amberes. Dirixirá así mesmo a Sinfónica de Viena nun programa coa Sinfonía num. 9 de Beethoven para os concertos de Noitevella e volverá a abordar esta obra coa Sinfónica de Boston para pechar a tempada 2025/26.

No concerto do xoves en Mera interpretarase o seguinte repertorio de LUDWIG VAN BEETHOVEN (1770-1827):

I.- Sinfonía n.º 4 en si bemol mayor, op. 60
Adagio – Allegro vivace
Adagio
Allegro vivace
Allegro ma non troppo

II.- Sinfonía n.º 7 en la mayor, op. 92 
Poco sostenuto – Vivace
Allegretto
Presto
Allegro con brio

back link