De tu casa a la mía é un retrato musical de dous poetas universais, Rosalía e Lorca, da man e do sentimento de dúas almas que tratan de poñer ás á poesía de ambos autores ademais de creacións orixinais para a ocasión, con Uxía e Ruibal en estado puro. Farano con novas melodías que nos fagan coñecer máis a fondo a súa obra e tamén descubrir a profunda admiración que Lorca sentía por Rosalía, nesa unión norte-sur presente na súa poesía que, no caso de Lorca, terá a súa culminación ao escribir os Seis poemas galegos. Editados en 1935, inclúen un canto de berce no que, ante a súa sepultura, o poeta incita a Rosalía a erguerse.