Compositora, trobadora e cantante por excelencia, chegou a converterse nunha das voces imprescindibles do panorama musical cubano e iberoamericano. Ofrece un traballo de exquisita factura transitando sen prexuízos nun mundo no que se funden elementos tradicionais e contemporáneos, logrando unha personalidade artística moi singular.
Desde 1982 é parte do prestixioso movemento da Nova Trova, fundado por figuras lendarias como Silvio Rodríguez e Pablo Milanés, con quen compartiu varios dos seus traballos discográficos e do que hoxe é unha das súas voces máis significativas. As súas cancións caracterízanse pola poesía, o lirismo dos textos e a acertada fusión de xéneros musicais. Preocupada sempre por exaltar os valores humanos, Liuba María Hevia propón temas que reflicten este sentir. Nas súas composicións afloran guajiras, boleros, sones, habaneiras, baladas…, tamén no seu repertorio podemos atopar coidadas versións de grandes clásicos latinoamericanos.