Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Concerto de Ede o sábado na Fábrica

 Oleiros, 20 de abril de 2022-. O Festival Elas son Artistas chega este sábado a Oleiros cun concerto de Ede, no centro cultural A Fábrica, ás 20:30 horas. As entradas estarán á venda desde unha hora antes do inicio do espectáculo a un prezo de 3,50 euros.

 
Ede é unha artista madrileña de 23 anos que, a pesar de dar os seus primeiros pasos como compositora e intérprete de cancións, leva toda a súa vida formándose en diversos campos das artes escénicas. Tras o lanzamento do seu primeiro EP acústico «Tranquila», presentará o seu primeiro disco, que se publica integramente en 2022.
 
Transcendendo o formato máis acústico, íntimo e sinxelo do seu primeiro traballo, con este disco Ede perfila a súa identidade sonora e artística. Esta identidade, máis madura e rica en influencias que van desde o indie ao folclore, pasando polo r&b e o neosoul, complementa e potencia o imaxinario que a artista xera coas súas letras e voz, que son a súa marca.
 
Non é pouca a expectación que hai arredor deste primeiro álbum de estudo da artista, pois xa co seu primeiro EP conseguiu comezar a abrirse paso na escena musical estatal, colaborando con artistas como Ismael Serrano, Club Del Río ou Xoel López, con quen traballou man a man na xira do seu último disco como parte da súa banda.
back link