Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Concerto de Cimarron String Trío, este venres na Fábrica con dous pases

 Oleiros, 18 de novembro de 2020-. O grupo de jazz Cimarron String Trío ofrece un concerto este venres no Auditorio da Fábrica. Haberá dous pases, un ás 19:00 horas e outro ás 20:30 horas. As entradas poñeranse á venda a partir das 18:00 horas, a 3,50 euros. 

 
Neste concerto poderanse escoitar temas compostos por Eduardo Coma e Simón García con elaboracións moi actualizadas armonicamente que fai que este trío pareza case unha orquestra. Ritmicamente lembra aos tambores africanos.
 
Ante a situación sanitaria, e seguindo as directrices das autoridades, a capacidade da sala estará limitada. Será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización.
back link