Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Concerto de ANAUT o xoves 9 nas Torres de Santa Cruz

Imagen Concerto de ANAUT o xoves 9 nas Torres de Santa Cruz

 Durante o mes de xullo, o parque das Torres de Santa Cruz acollerá unha nova edición de As Tardes do Alfar, o microfestival promovido polo Concello de Oleiros que mestura música en directo e demostracións de olería nun entorno privilexiado e aberto á veciñanza.

A partir das 19.00 h comezará a mostra de olería en vivo a cargo do recoñecido Alberto Añón, e ás 20.00 h terá lugar o concerto de ANAUT; banda recoñecida polo seu son soul, rock e rhythm & blues, cunha marcada influencia da música afroamericana. Os seus directos caracterízanse pola forza vocal e a intensidade instrumental.

As Tardes do Alfar consolidan nesta nova edición a súa identidade como unha experiencia única, ofrecendo un plan cultural de calidade, ao aire libre e de balde para todas as familias. O Concello de Oleiros convida á veciñanza a gozar desta cita co talento e coa cultura local todos os xoves do mes de xullo, nun espazo aberto e de lecer como son As Torres de Santa Cruz.