Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Concerto da arxentina Guada o sábado na Fábrica

O Festival Elas son Artistas chega este sábado a Oleiros cun concerto da artista arxentina Guada, no centro cultural A Fábrica, ás 20:30 horas. As entradas teñen un prezo de 4 euros e pódense adquirir desde unha hora antes na billeteira do auditorio.

Guadalupe Álvarez Luchía nace en Bos Aires en abril de 1984, así que chega a Oleiros con nova década recén estreada. É actriz, cantante e compositora. Ten actuado en obras tan importantes como "Bodas de sangre" co centro dramático nacional. 

Actualmente está centrada na parte musical da súa carreira, na que xa ten colaborado con artistas como Jorge Drexler ou Las Migas e acaba de editar o seu último disco titulado Cuero. O folklore latinoamericano é o protagonista do mesmo, recuperando pezas e dándolle o seu toque persoal. 

O directo, en formato trío, será un luxo para quen guste de artistas como Silvia Pérez Cruz ou Rozalén.

back link