Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Concedidos 15.000 euros en prestacións de apoio á escolarización para o curso 2019/2020

 Oleiros, 20 de agosto de 2019-. O Concello de Oleiros publicou as listaxes definitivas das prestacións de apoio á escolarización para o curso 2019/2020 por un importe de 14.460 euros. Un total de 190 menores do municipio veranse beneficiados por estas axudas.

 
Todas as solicitudes presentadas nas que se aportaba a documentación esencial para xustificar a prestación e se cumprían cos requisitos recollidos na convocatoria foron concedidas. A relación de familias beneficiarias destas axudas estará exposta no taboleiro de edictos do Concello e no departamento de Servizos Sociais e poderán consultarse en persoa ou telefonicamente, a través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000.
 
Estas axudas son unha das diversas medidas pola inclusión social coas que conta o Concello de Oleiros e os seus importes varían en función da etapa escolar na que se atopa cada menor. O obxectivo destas prestacións, de pago único e con carácter finalista, é axudar ás familias nunha peor situación económica a cubrir os gastos extraordinarios que supón o inicio do curso escolar (material escolar, mochilas, dicionarios, libros…). Estas prestacións son compatibles coas  axudas que poidan conceder outras administracións, que normalmente están dirixidas só a libros e son insuficientes para cubrir todas as necesidades que se orixinan nunha familia con menores en idade escolar. 
 
back link