Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Comezan os traballos de ampliación da rúa Mioporos para mellorar a seguridade de peóns e condut

Oleiros, 12 de maio de 2017-. O luns comezan os traballos de ampliación da rúa Mioporos, en Bastiagueiro, que pasará a contar tamén cunha beiravía para peóns. Mentres duren as obras, este vieiro permanecerá pechado e a rúa das Anguías pasará a ser de dobre sentido de circulación.

Rematadas xa as obras dos aparcadoiros detrás da praia de Bastiagueiro, o Concello de Oleiros acometerá agora a ampliación da rúa Mioporos que actualmente, nalgúns puntos, non ten máis de 3 metros de ancho. A estreiteza desta vía ocasiona un grave risco tanto para os peóns que camiñan por esta rúa como para os automobilistas que circulan cos seus vehículos. O Goberno municipal puido acometer esta obra grazas ás cesións de solo realizadas polos propietarios que lindan con esta rúa.

back link