O Ministerio de Transición Ecolóxica, que inicialmente non ía abordar esta obra, cambiou de postura tras as insistentes demandas do Concello. Tal e como se denunciou en repetidas ocasións por parte do alcalde, non se podía deixar o paseo construído sen conexións a ambos lados.
No extremo do Seixo e O Graxal as obras comezaron a finais do pasado ano. Neste outro tramo que se inicia hoxe o investimento será de 556.000 euros.
As dúas obras en marcha darán como resultado a absoluta conectividade peonil e ciclista en boas condicións de accesibilidade e seguridade de toda a ría, entre os concellos da Coruña, Culleredo, Cambre e Oleiros. Ábrense así grandes posibilidades para os desprazamentos a pé ou en bicicleta.