Oleiros, 12 de xaneiro de 2016-. Mañá dan comezo os traballos de urbanización do POL-16, na zona da Corredoira das Viñas, en Perillo. Os técnicos municipais, xunto cos responsables da empresa adxudicataria, realizarán os últimos axustes sobre o terreo antes de que a maquinaria inicie os traballos nos vindeiros días.
Esta urbanización permitirá a apertura de novas rúas e a creación de zonas verdes e equipamentos deportivos. O ámbito desta actuación ten unha extensión de 23.000 metros cadrados e consolidará definitivamente a malla urbana da localidade de Perillo.