Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Comezan as obras da segunda fase do carril bici entre Mera e Santa Cruz

Oleiros, 02 de febreiro de 2017-. Comezaron as tarefas de construción da segunda fase do carril bici que conectará as localidades de Mera e Santa Cruz. Os traballos efectuaranse entre a Casa do pobo de Dorneda e Augarrío.

As obras adxudicáronse no mes de decembro por 813.709,05 euros e inclúen a construción da beiravía e do carril bici entre Santa Cruz e Mera. Este novo tramo discorrerá desde Augarrío ata a casa do pobo de Dorneda, principalmente pola marxe esquerda da estrada –dirección Mera-. No treito desde Arillo ata Mera, que xa se realizou unha gran parte do traballo na primeira fase da obra, procederase a axardinar e aglomerar o firme para crear o carril bici e a beiravía peonil. Tamén se vai incluír neste proxecto, o pintado e a sinalización de todo o carril bici existente desde a ría da Pasaxe ata Santa Cruz.
 

back link