Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Comeza un novo club de lectura na biblioteca municipal de Mera

 Oleiros, 10 de outubro de 2022-. O vindeiro luns, día 17, terá lugar a primeira sesión do club de lectura da Biblioteca María José Trincado, de Mera, coordinado pola escritora e xornalista Silvia Salgado. Dedicarase a comentar a obra El sentido de un final, de Julián Barnes. A actividade comeza ás 19.00 h e durará hora e media.

 
As persoas interesadas en participar deben apuntarse na biblioteca de Mera, indo por alí ou chamando ao teléfono 981 628 507, en horario de tarde. Tamén poden coller o libro na biblioteca, se así o desexan.
back link