Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Comeza o prazo de inscrición para o Obradoiro do Corpo

Está aberta a inscrición para un novo período do Obradoiro do Corpo, unha actividade corporal dirixida a mulleres que busca favorecer o benestar físico e emocional, o apoderamento persoal e colectivo e a creación de redes de apoio entre as participantes.

O obradoiro desenvolverase todos os mércores, agás festivos, na Casa da Cultura de Perillo, entre o 16 de setembro e o 9 de decembro. Mantéñense os dous grupos e horarios habituais: de 10 a 11:30 h e de 11:30 a 13 h.

Nas diferentes sesións trabállanse aspectos como a conciencia corporal, o benestar postural, a flexibilidade, a respiración e relaxación, a tonificación muscular e a autoestima, combinando o coidado físico cun espazo de encontro e apoio mutuo entre mulleres.

A actividade é totalmente gratuíta e está dirixida a mulleres empadroadas no Concello de Oleiros, con prioridade para as menores de 60 anos. A inscrición pode realizarse a través da páxina web (meter enlace inscrición)
 

back link