Uns 3.100 nenos/as, adolescentes e mozos/as participarán na programación organizada polas bibliotecas dende o 19 de febreiro ata o 13 de maio.
Serán 86 actividades repartidas entre a Biblioteca Central Rialeda, Biblioteca e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro de Sta. Cruz, Biblioteca Manuel María de Oleiros e Biblioteca Mª José Trincado de Mera.
Entre outras actividades realizaranse visitas guiadas á Biblioteca Central Rialeda e obradoiros de ilustración e cómic a cargo do ilustrador Miguel Cuba. Celebraremos datas conmemorativas como:
- Día de Rosalía de Castro con Rosalía pequena e A miña historia.
- Día da Muller con Directas ao espazo.
- Día da Poesía, no que contaremos coa Premio Nacional de Poesía 2023, Yolanda Castaño.
- Día do Libro Infantil e Xuvenil con Voar sen medo, baseado no libro Valados de Agustín Fernández Paz.
- Día do Libro con A Odisea en 50 minutos, Valle Inclán e ti e El Quijote.
- Día das Letras Galegas con A mitoloxía na obra de Begoña Caamaño e A gran viaxe das Letras.
Todas as sesións serán realizadas por contadores/as como Chus Álvarez acompañada pola música e voz de Ángeles Dorrio, A Xanela do Maxín, Charo Pita, Galeatro... e escritoras como Isabel Andrés.