Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Ciclo de cine nas Casas da Mocidade para promover o debate e a reflexión sobre temas de actualidade

Imagen Ciclo de cine nas Casas da Mocidade para promover o debate e a reflexión sobre temas de actualidade

O Concello de Oleiros pon en marcha unha nova iniciativa para crear un espazo de encontro entre mozos, mozas e as súas familias para tratar temas como o acoso escolar, as relacións de parella ou o uso das redes sociais. A través da proxección de distintas películas nas Casas da Mocidade iranse mantendo debates e charlas interxeracionais sobre cuestións que marcan a súa vida cotiá.

A primeira cita deste ciclo será o vindeiro domingo 24 de maio, ás 18:30 horas, na Casa da Mocidade das Pedras (rúa Rosalía de Castro, 114) co filme Cobardes, unha película que trata de xeito directo, valente e ameno a problemática do acoso escolar, servindo como punto de partida para o debate posterior entre as persoas asistentes. 

O acceso a esta actividade é totalmente libre e gratuíto.