Os poñentes principais serán os investigadores Jorge Calle e David Lozano. Tamén participará Regina de Miguel Gila, bisneta de Francisco Miguel. O acto estará presentado por Carmen Rodeja, da ARMH, e contará co peche do alcalde, Ángel García Seoane.
Unha representación do Goberno municipal, encabezada polo alcalde, participará o luns na Coruña na cerimonia oficial de entrega á súa familia e enterramento dos restos mortais do pintor, no Pazo de María Pita e no cemiterio de Santo Amaro. O Concello de Oleiros agradece á Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) a exhumación dos seus restos en Bértoa (Carballo) onde os fusís fascistas acabaron coa súa vida.
Unha actitude de persecución e aniquilamento da arte, a creatividade e a intelixencia que deixou ao país sen as súas máis brillantes cabezas, substituídas pola miseria moral e a borralla gris daquel ominoso tempo de odio, crimes e represión. Recuperar a memoria e a obra de Francisco Miguel é un acto de xustiza que xa intentou a súa muller cunha exposición póstuma da súa obra, acto que no seu día lle prohibiron.