Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Charla para familias sobre tecnoloxía, convivencia e adicións, o mércores na Fábrica

 Oleiros, 29 de marzo de 2022-. O programa autonómico Espazo Educa_CreandoPontes, co que colabora o Concello de Oleiros, continúa mañá mércores 30 de marzo cunha charla impartida polo profesor da USC e investigador Antonio Rial Boubeta. Esta actividade, dirixida a pais e nais levarase a cabo no auditorio da Fábrica, en Perillo, a partir das 18:00 horas.

 
A entrada é aberta e gratuíta. Os asuntos principais a abordar serán a tecnoloxía, a convivencia e as adicións.
back link