O Concello solicitou un reforzamento do servizo previsto inicialmente para ambas noites, para que teña capacidade suficiente para atender a demanda de viaxeiros. Tamén se demandou a conexión con todas as parroquias do municipio, pero esa segunda petición foi desatendida.
O autobús nocturno é unha ferramenta importante de prevención da seguridade viaria. A concentración de persoas nos eventos festivos permiten ofrecer á cidadanía, especialmente á mocidade, este servizo complementario para o ocio de verán.
Ademais de en Lorbé, haberá buses nocturnos nas festas de Santa Cruz e Perillo, os días que se prevé maior afluencia.