Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Bus nocturno para as festas de Santa Ana de Mera

 Oleiros, 21 de xullo de 2022-. Para facilitar unha mobilidade segura durante as festas de Santa Ana –que se celebran en Mera a partir do domingo-, haberá unha liña de autobús nocturna os días 24, 25, 26 e 27 de xullo. O bus sairá desde a Casa do Concello e pasará polas localidades de Santa Cruz, Dorneda e Lorbé. 

O domingo 24 haberá tres buses de ida, con saída ás 21:00, 22:00 e 23:00 horas. Os días 25, 26 e 27 sairá ás 22:00 e 23:00 horas. Para os regresos haberá buses con saída desde a parada do Nai Pai ás 1:00, 2:00 e 3:00 horas. 

As paradas desta liña especial serán: Oleiros (Casa do Concello), A Pezoca cruce, avda. Venezuela, Coruxo, gasolineira Santa Cruz, Aguarrío, O Couto-Dorneda, Arillo, Arillo de Arriba, Os Galgos, A Valexa, O Couto-Lorbé, Bar A Escola, Aba, O Cubo, A Pereira, Mera e Nai Pai. 

 
 
back link