Esta fin de semana tamén houbo outro espectáculo de danza urbana e lyrical. Nesta función, o alumnado participante tamén amosou un enorme talento, facendo as delicias do numeroso público asistente.
Esta escola, xunto coas de música e teatro, é un dos mellores exemplos da política cultural do Concello; auténticos viveiros artísticos nos que centos de persoas, principalmente nenos e mozos, se forman e desenvolven as súas habilidades creativas. Ademais da formación, as escolas municipais son capaces de realizar espectáculos de primeirísimo nivel como os que se puideron presenciar durante estes días de nadal. O fomento da cultura e a arte nunca é un gasto, é un investimento en liberdade e educación.