Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Bravas, comedia para todos os públicos o sábado no García Márquez

 Oleiros, 24 de marzo de 2021-. Fran Rei e Isabel Risco presentan o sábado ás 19:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera a obra Bravas. Trátase dunha comedia de 45 minutos de duración dirixida a todo tipo de públicos.

 
Isabel Risco protagoniza Bravas, o seu segundo espectáculo unipersoal, no que nos ofrece a súa particular visión da historia das mulleres galegas. Unha historia sempre roubada, agochada e invisibilizada. Bravas é unha produción teatral sobre mulleres sen medo, mulleres que forman parte dun valoroso clan, o clan que elas mesmas paren, aleitan, manteñen, constrúen cos alicerces da rebeldía, da rebelión, da ilusión, do inconformismo, da valentía, da xustiza social, da empatía, da humanidade. Isabel Risco proponnos un xogo desde o teatro cómico e comprometido. 
 
As entradas poñeranse á venda a partir das 18:30 horas, a 2,50 euros, ata completar a capacidade da sala. Ante a situación sanitaria, e seguindo as directrices das autoridades, será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización.
back link