Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Baile para maiores, este sábado en Santa Cruz

Imagen Baile para maiores, este sábado en Santa Cruz

De Baile en Baile é o nome dun novo programa cultural e de convivencia entre persoas maiores que se consolida como referente de festa e ocio activo. Celebrarase os sábados pola tarde nas distintas casas do pobo.


Este sábado 7 de marzo, de 17.00 a 20.00 horas, terá lugar un novo baile no Centro Cívico de Santa Cruz (rúa Ricardo Cubeiro). Amenizará a tarde a solista Marietta.

Como novidade, este ano incorpórase tamén un servizo de recepción e acompañamento das persoas participantes, para cubrir calquera circunstancia que puidese acontecer.