Oleiros, 16 de outubro de 2019-. A compañía Axóuxere Teatro presenta o domingo ás 20:00 horas no Auditorio da Fábrica o seu espectáculo A túa tenrura, Molotov. Nanda Tasende e Alejandro Albaiceta forman o elenco desta obra de Gustavo Ott, que dirixe Alejandro Albaiceta.
Esta comedia está protagonizada por unha parella nova. Triunfadores. El, avogado. Ela, presentadora do telexornal. Queren ter fillos. De feito, o están intentando cando de súpeto reciben unha caixa enviada polo FBI con data de… hai doce anos!! O que a caixa contén, cambiará as súas vidas para sempre… ou non.
A entrada é libre, con invitación. As invitacións poderán recollerse a partir das 19.00 horas, ata completar a capacidade da sala. A obra está recomendada para maiores de 14 anos.