Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Atentan contra unha das árbores máis senlleiras de Mera

Un delincuente ecolóxico atentou contra unha das árbores máis senlleiras de Mera, o gran plátano que se atopa na fronte marítima, nas proximidades da Perla. O Servizo Municipal de Xardinería está a actuar para intentar salvar a árbore, dun elevado valor tanto medioambiental como histórico.

O Concello solicita a colaboración veciñal para identificar o posible infractor. Ninguén ten dereito a atentar contra o patrimonio público, e moito menos contra unha árbore histórica que é un símbolo da localidade de Mera.
 

back link