Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás As verbenas no Concello de Oleiros rematarán ás 3 da madrugada

Oleiros, 19 de xullo de 2017-. O Concello de Oleiros non autorizará verbenas que rematen máis tarde das 3 da madrugada. O Goberno municipal adoptou esta decisión para evitar incidentes e actos vandálicos e permitir que veciños e veciñas de todas as idades poidan gozar do baile e da festa nas súas localidades.

“As verbenas sempre foron desde as 8 da tarde ata, como moito, as 3. Primeiro había un pase para os veciños, que empezaba as 8 e remataba as 10. A xente ía cear e despois a orquestra volvía tocar ás 12, cando aparecían tamén persoas doutros sitios. Agora acaban as 5 ou 6 da mañá porque empezan a tocar ás 12 da noite. As persoas maiores e os nenos non poden gozar da festa porque é un horario no que xa están na casa. E canto máis tarde, máis problemas de vandalismo, drogas, alcol…”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.
 

back link