Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás As tapas dos contedores do lixo deben permanecer pechadas

Oleiros, 15 de abril de 2020-. A contaminación de coronavirus polo contacto directo coas tapas dos contedores pódese evitar co uso de luvas cando se vaia depositar o lixo, botando un xel hidroalcólico e lavando as mans con auga e xabón. Estas medidas son efectivas e evitan a exposición da poboación aos riscos sanitarios derivados de deixar as tapas dos contedores abertas.

 
Aínda que os contedores se recollen a miúdo, no seu interior proliferan microorganismos que teñen posibilidade de espallarse se se deixa o contedor aberto. Ademais, un contedor aberto ou bolsas ao pé do mesmo facilita que animais como cans ou gatos abandonados, ratas, etc... acudan, rachen as bolsas e esparexan os refugallos.
 
Para evitar cheiros, os refugallos deben depositarse ben embolsados, sempre a partir das 20 horas. Non se pode tirar o lixo en vésperas de festivos nin de domingos.
 
Como medida de prevención para evitar contaxios, están a realizarse desinfeccións dos colectores de todo o municipio.
back link