Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás As rúas das Olas e Camilo Díaz Baliño permanecerán cortadas martes e mércores

 Oleiros, 1 de marzo de 2021-. Debido ás obras de renovación do pavimento da Rúa Camilo Díaz Baliño, da Rúa das Olas e do aparcadoiro situado na parte posterior da Casa do Concello, non estará permitido o estacionamento os días 2 e 3 de marzo entre as 8:00 e as 20:00 horas. Será preciso cortar o tráfico nestas rúas, habilitando a apertura provisional para a circulación rodada da nova rúa que descorre pola parte posterior da Praza da Rabadeira.

 
O Concello de Oleiros solicita a máxima colaboración dos veciños e demais usuarios das vías afectadas, co fin de que as obras poidan levarse a cabo no menor prazo de tempo posible.
back link