Oleiros, 16 de decembro de 2015-. O 22 de decembro os veciños e veciñas de Oleiros poderán gozar do gran espectáculo que están a preparar as prebandas e a Banda Municipal de Música de OIeiros como celebración do Festival de Nadal.
Ás 19:30 h no Auditorio Gabriel García Márquez poderán gozar de pezas coma “Tocando xuntos moito mellor” ou “Marcha de McRonald”de Jan de Hann, “Camiño cara a Chancellorsville” de Bryan Kidd, “Marcha de Indiana Jones” de John Williams, “Antigos Romances Rusos” de Franco Cesarini, “Gran final- Acto II da ópera de Aida” de G.Verdi e “África: cerimonia, canción e ritual” de Robert W. Smith. Todas estas pezas serán interpretadas polas prebandas e Banda Municipal de Música de Oleiros, nun encontro musical ineludible onde deleitarse coa extraordinaria interpretación dos grandes músicos que conforman as ditas agrupacións.