Oleiros, 25 de marzo de 2019-. Os días 26, 27 e 28 de marzo será preciso realizar un corte de tráfico na intersección da rúa Somalia coa avenida Rosalía de Castro, debido ás obras de reurbanización que está a realizar o Concello de Oleiros. Isto tamén implicará que para acceder á rúa Quenia haberá que dirixirse pola rúa Etiopía.
O Concello de Oleiros está a realizar as obras de reurbanización da avenida Rosalía de Castro, en Perillo, desde a rotonda do Lucín ata a ponte da Pasaxe. O custo total desta actuación é de 403.725,52 euros.