Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás As obras de renovación da rede de auga provocarán desviacións do tráfico en Oleiros e Montrove

Oleiros, 13 de xaneiro de 2016-. O vindeiro luns, con motivo das obras de renovación das redes de abastecemento de auga en Montrove e Oleiros, produciranse desviacións na circulación. En ambos casos estará instalada a sinalización precisa e a Policía Local tamén regulará calquera incidencia que se puidera producir.

En Oleiros, o desvío da circulación afectará aos vehículos que circulen en dirección Sada pola avenida Ramón Núñez Montero. Durante as dúas semanas que durarán os traballos, o tráfico será redirixido pola rúa das Torres e a rúa da Tenrura, na que os vehículos se reincorporarán á avenida Ramón Núñez Montero.

No caso de Montrove, o tramo afectado atópase na avenida Valle Inclán, entre a rúa Lagarteiras e a rúa Casares Quiroga. Está previsto que este corte poida prolongarse entre 3 e 4 semanas, aínda que a execución das obras dependerá das condicións climatolóxicas.
 

back link