Oleiros, 5 de xullo de 2019-. Debido ás obras de asfaltado que está a realizar o Concello de Oleiros na avenida Rosalía de Castro, desde o luns día 8 ata o venres día 12 non se poderá circular entre os números 209 e 231 desde as 8:00 ata as 20:00 horas. Tampouco estará permitido o acceso ou saída de garaxes.
O Concello de Oleiros está a realizar as obras de reurbanización desta avenida, en Perillo, desde a rotonda do Lucín ata a ponte da Pasaxe. O custo total desta actuación é de 403.725,52 euros.