Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás As obras de aglomerado na rúa Casares Quiroga provocarán cortes na circulación o mércores

Oleiros, 20 de febreiro de 2017-. Está previsto que este mércores día 22 de febreiro se proceda ao aglomerado da rúa Casares Quiroga entre as 9:30 e as 19:30 horas. Debido aos traballos, a rúa permanecerá pechada ao tráfico entre esas horas.

O xoves tamén se efectuarán traballos de pavimentación entre as rotondas que se atopan na parte traseira do Gadis de Bastiagueiro, o cal tamén provocará cortes na circulación. Para evitar retencións, recoméndase empregar a avenida Ernesto Che Guevara e a rúa Isaac Díaz Pardo.

back link