Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás As mobilizacións para demandar a conexión do Porto de Lorbé coa Ártabra comezarán nun mes, se a

Oleiros, 19 de maio de 2016-. O Concello de Oleiros iniciará nas próximas semanas diversas mobilizacións e actos de protesta, no caso de que a Xunta de Galicia non contrate as obras de conexión do Porto de Lorbé co vía Ártabra. O presidente Alberto Núñez Feijóo comprometérase a pechar este asunto entre os meses de maio e xuño pero polo momento a administración autonómica ten o asunto paralizado.

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, comunicoulle onte ao alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, que a día de hoxe non hai novidades. Vázquez alegou problemas burocráticos para xustificar a non contratación dunha obra que resulta imprescindible para o desenvolvemento económico do Concello de Oleiros.

“Se nas próximas semanas seguimos sen saber nada da contratación das obras iniciaremos unha movida importante. Desprazarémonos ata Santiago as veces que fagan falta para reclamarlles que aborden este asunto dunha vez por todas”, dixo o alcalde Ángel García Seoane. “Coas subvencións que lles están dando a algúns concellos nos que goberna o PP, podería facerse moi facilmente esta obra, que ten un custo aproximado de 400.000 euros”, comentou. O de Lorbé é o único porto de Galicia que non dispón dun acceso axeitado que permita canalizar o intenso tránsito de vehículos e camións que rexistra.
 

back link