Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás As festas de Iñás contan co Punto Violeta do Concello

Debido á celebración esta fin de semana das festas do Santísimo de Iñás, o Concello instalará o Punto Violeta as noites do venres 28 e sábado 29 de agosto, en horario de 23 a 3 h. O obxectivo é continuar implicándose activamente, como vén facendo ata agora, na prevención e resposta fronte a calquera tipo de agresión (sexual, LGTBIfóbica…) ou outras manifestacións de violencia machista.

Os Puntos Violeta son lugares de referencia, atención e apoio psicolóxico, atendidos por un equipo especializado de profesionais na materia. Dispoñen dun Protocolo de Actuación en colaboración directa coas Forzas e Corpos de Seguridade e cos Servizos Sanitarios. Ademais, funcionan como espazos de sensibilización accesibles á cidadanía, onde se ofrece material informativo e divulgativo sobre os recursos e servizos municipais dispoñibles, así como actividades de concienciación adaptadas a distintas idades.
 

back link