Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás As familias do Apego poderán participar este sábado no obradoiro Moraima, de Percubebé

Oleiros, 25 de abril de 2019-. Percubebé presenta unha nova montaxe, un obradoiro musical para o público de 0 a 6 anos e as súas familias. Logo do éxito acadado coa súa primeira proposta Percubebé, chegan agora con esta segunda entrega para deleite das familias. Ademais de presentarnos a Moraima a través dun conto poderemos ir interpretando as melodías que Marcelo e Bea nos aprendan.

O obradoiro terá lugar na Casa da República, en Oleiros, ás 18.00 horas e para participar haberá que inscribirse enviando un correo cos datos a lingua@oleiros.org.

back link