Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás As escolas municipais de Música e Danza celebran esta semana os seus festivais de Nadal

Oleiros, 19 de decembro de 2017-. Os vindeiros días 20, 21 e 22 de decembro o auditorio Gabriel García Márquez de Mera acollerá as actuacións das escolas municipais de Música e Danza do Concello de Oleiros. Será un grande espectáculo cultural no que se poderá comprobar, unha vez máis, a extraordinaria capacidade artística dos máis de 700 alumnos e alumnas que forman estas escolas públicas.

O mércores 20 ás 19:00 horas, a Escola Municipal de Danza representará o espectáculo Noite de cine  no que se poderán ver coreografías de diversas bandas sonoras moi populares. O xoves, ás 20:00 horas, será a quenda da Escola Municipal de Música coas actuacións da orquestra, do Coro de Voces Brancas e da Big Band. O venres, ás 19:30 horas, haberá máis música cos concertos das prebandas, a Banda Xuvenil e a Banda Sinfónica.
 

MÁIS INFORMACIÓN

back link