Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás As entidades culturais e deportivas xa poden solicitar as subvencións da Deputación para o 2016

Oleiros, 27 de novembro de 2015-. Xa está aberto o prazo para que as entidades culturais e deportivas  soliciten subvencións á Deputación para financiar as súas actividades para o 2016. As asociacións interesadas en participar nesta convocatoria poden obter máis información chamando á Fábrica (981 63 65 98) ou no Boletín Oficial da Provincia.

“Como deputado velarei porque as subvencións que se pidan desde Oleiros e sexan xustas queden atendidas como corresponde. Como é sabido, a nós maltratáronos durante anos e a moitas entidades do municipio igual”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Trátase de axudas nas áreas de Promoción Económica, Cultura, Deportes, e Servizos Sociais e inclúen desde achegas para programas de igualdade de oportunidades e loita contra a violencia de xénero ata axudas para confrarías de pescadores, agrupacións de mariscadoras e entidades asociativas agrarias. Tamén figuran, entre outras, subvencións destinadas a clubs deportivos que participen en competicións federadas desde o  ámbito local ao internacional, ao desenvolvemento de programas sociosanitarios e a actividades ou equipamentos culturais e deportivos.

O prazo de presentación de solicitudes remata ás 14:00 horas do día 15 de xaneiro de 2016. Estas solicitaranse, un ano máis, por vía telemática a través da web da Deputación www.dacoruna.gal.
 

back link