Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás As empresas e autónomos que contraten alumnado do Obradoiro de Emprego recibirán subvencións

 Oleiros, 18 de xuño de 2021-. O Obradoiro Dual de Emprego “Restauración de Zonas Verdes Municipais” está a formar persoas que se atopaban en situación de desemprego nos oficios de xardinería e albanelería. Aquelas empresas ou autónomos que contraten algunhas destas persoas por un mínimo de 3 meses recibirán unha subvención de 1.500 euros.

 
Con esta axuda preténdese facilitar o primeiro contrato de traballo do alumnado e incentivar que as empresas opten por persoal cualificado. 
 
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 18 de xullo. As empresas interesadas nestas subvencións deben dirixirse ao Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, situado nos Regos. O teléfono de contacto é o 981 631 706. 
 
back link