Oleiros, 21 de maio de 2021-. O vindeiro luns 24 de maio, ás 19:00 horas, unha sexóloga da Federación Española de Planificación Familiar dará unha charla en liña sobre infeccións de transmisión xenital e buco-xenital. Todas aquelas persoas interesadas poderán conectarse a través da páxina de Instagram das casas da mocidade @centrosmocidadeoleiros.
O Concello de Oleiros organiza esta actividade en colaboración coa Federación Española de Planificación Familiar.