As propostas están adaptadas a diferentes idades e inclúen sesións de contacontos para nenas e nenos de 2 a 4 anos, ademais de diversas actividades infantís para as crianzas a partir de 5 anos. Tamén haberá obradoiros para maiores de 6 anos, con propostas de creación de portadas, cómic, colaxe fotográfico, fotoconto e estampación, entre outras.
Todas as sesións de contacontos, actividades e obradoiros terán lugar ás 17:30 horas. As diferentes propostas buscan achegar a lectura ao público infantil a través da narración, a dramatización, a música, a maxia e outras expresións, favorecendo tamén a imaxinación e a creatividade.
As prazas son limitadas e será necesario reservar previamente na biblioteca onde se desenvolva cada actividade. A inscrición poderá realizarse presencialmente, por teléfono ou en liña, a través do seguinte formulario: https://www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete As reservas poderán facerse desde dez días antes da data de cada sesión.