Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás As bibliotecas municipais acollen numerosas actividades durante esta semana

Oleiros, 2 de outubro de 2018-. As bibliotecas municipais organizan ao longo de todo o ano numerosas actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas e nenos. Entre os meses de outubro e decembro, as sete bibliotecas do Concello de Oleiros acollerán diversas sesións de diferentes actividades infantís para fomentar a lectura e animar a que se visiten as bibliotecas no tempo libre.

BIBLIOTECA ROSALÍA DE CASTRO. SANTA CRUZ
-Día 3: As parábolas de Pakolas con Pakolas, para nenos e nenas de 1 a 3 anos.

BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA. PERILLO
-Día 4: Raposadas con Raquel Queizás, para nenos e nenas maiores de 4 anos.

BIBLIOTECA XOGRAR MENDIÑO. LORBÉ
-Día 4: O Paroleiro con Pablísimo, para nenos e nenas maiores de 3 anos.

BIBLIOTECA MUNICIPAL ÁNXEL FOLE. NÓS
-Día 5: Contos do chupete con Migallas, para nenos e nenas de 1 a 3 anos.

BIBLIOTECA MARÍA JOSÉ TRINCADO. MERA
-Día 5: Un OQO para a sopa Contacontos e obradoiro con OQO, para nenos e nenas maiores de 4 anos.

En todos os casos o horario das actividades será ás 18:30 horas. Debido a que a capacidade é limitada é imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades.

back link